Curso de Información Xuvenil

16 Mai 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado organiza un curso de Información Xuvenil de 150 horas.

Este curso ten como obxectivos que ao remate, o/a alumno/a saiba organizar e xestionar servizos de información para mozas/os que respondan os intereses e necesidades deste sector da poboación desenvolvendo accións de información, orientación, dinamización da información, promovendo actividades socioeducativas no marco da educación non formal orientadas a facer efectiva a igualdade de oportunidades e o desenvolvemento integral dos mozos como cidadáns no contexto dunha sociedade democrática.

Destinatarios
Persoas que traballen nos Espazos Xove, OMIX, PIX, titulados de TASOC anteriores a impartición do ciclo formativo de grao superior en Animación sociocultural e Turística.
Non serán admitidas as persoas que xa posúan o Certificado de profesionalidade en información xuvenil ou o título de TASOCT ou o curso de especialista en información xuvenil.

Criterios de selección
Terán preferencia, e por este orde, as persoas que traballen nos Espazos Xove, OMIX, PIX, titulados de TASOC anteriores a impartición do ciclo formativo de grao superior en Animación sociocultural e Turística.
Número de prazas: 20

Programa
Real Decreto 567/2011, de 20 de abril da cualificación profesional de información xuvenil Organizar e xestionar servizos de información de interese para a xuventude.
Organizar e xestionar accións de dinamización da información para mozos e mozas.
Organizar accións socioeducativas dirixidas a mozos e mozas no marco da educación no formal.
Intervir, apoiar e acompañar na creación e desenvolvemento do tecido asociativo.
Normativa en materia de xuventude en Galicia (Lei, Decretos e Ordes). A Rede galega de información Xuvenil. Programas da DXXPV: Garantía Xuvenil+SIX. Correspondentes xuvenís. Iniciativa Xove. Galeuropa. Deseñando o teu futuro. Campaña de verán. Xuventude Crea. Axudas a iniciativas de entidades locais. Ásesorías básicas nos SIX. Orde de certificación da educación non formal. Outros programas e recursos da DXXPV.

Metodoloxía
Desenvolverase de forma semipresencial con sesións presenciais obrigatorias e proba final escrita e expositiva.

Datas do curso
O curso desenvolverase desde o día 8 de xuño ao 15 de setembro de 2017
A primeira sesión presencial realizarase o día 8 de xuño as 12:00 h. no Centro coordinador de Información Xuvenil, en Santiago de Compostela.

O curso de Información Xuvenil ten unha primeira sesión presencial o 8 de xuño de 12.00 a 14.00 horas. A segunda sesión presencial é de tipo individual e a data e horario será acordada entre o docente e o alumnado.  A última sesión presencial corresponde ao día do exame final  o 15 de setembro, a partir das 10.00 da mañá.

O curso realizarase nas instalacións do Centro Coordinador de Información xuvenil en Santiago de Compostela. A parte non presencial consiste en tutorías na modalidade a distancia.

Datas de inscrición: do 17 de maio ao 2 de xuño.

FORMULARIO DE INSCRICIÓN  

Máis información: Centro coordinador de Información Xuvenil.  ccoordinador.xuventude@xunta.es