Bolsas na Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia

16 Mai 2017

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia convoca 20 bolsas para a realización de actividades de formación, información e divulgación relacionadas co ámbito da súa actuación.

A contía destas bolsas por beneficiario será de 1.100 euros mensuais.
Requisitos:
Licenciados ou graduados en Economía ou Empresa, sede de Madrid: 7 bolsas
Licenciados ou graduados en Economía ou Empresa, sede de Barcelona: 1 bolsa
Licenciados ou graduados en Dereito, sede de Madrid: 6 bolsas
Licenciados ou graduados en Dereito, sede de Barcelona: 1 bolsa
Enxeñeiros Industriais ou de Minas, sede de Madrid: 2 bolsas
Enxeñeiros de Telecomunicacións, sede de Barcelona: 2 bolsas
Licenciados ou graduados en Xornalismo, sede de Madrid: 1 bolsa
A titulación debeu ser obtida no ano 2014 ou en anos posteriores.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 6 de xuño de 2017.
Máis información no BOE do 16 de maio de 2017 e en http://www.cnmc.es/