Queres estudar Arte Dramática?

16 Mai 2017

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de Arte Dramática para o curso 2017/18.

Requisitos
Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Inscrición
A inscrición farase na Secretaría da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ata o día 12 de xuño.

Data da proba
As probas específicas de acceso comezarán o día 26 de xuño.

Matrícula
Os/as aspirantes que obteñan praza deberán formalizar a súa matrícula entre os días 17 e 26 de xullo, ambos os dous incluídos.

Máis información no DOG do 16 de maio de 2017 e en http://www.esadgalicia.com