Queres facer estudos superiores de Música?

16 Mai 2017

A Consellería de Educación convoca probas de acceso específicas ás ensinanzas superiores de música para o curso 2017/18.

Requisitos
Estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente ou ter superado a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Inscrición
A inscrición farase na secretaría dos conservatorios superiores de música de Galicia ata o día 5 de xuño.

Data da proba
As probas específicas de acceso comezarán o día 20 de xuño.

Matrícula
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre  entre os días 6 e 14 de xullo.

Máis información no DOG do 16 de maio de 2017 e en www.edu.xunta.es