Queres estudar ensinanzas superiores de Deseño?

16 Mai 2017

A Consellería de Educación convoca as probas de acceso ás ensinanzas superiores de Deseño para o curso 2017/18. Podes inscribirte ata o día 9 de xuño.

Acceso a través de proba
Para o acceso ás ensinanzas superiores de Deseño requirirase estar en posesión do título de bacharel ou titulación declarada equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, e superar a proba específica de acceso.

Acceso directo
A porcentaxe de prazas sobre o total das ofertadas en cada especialidade para os aspirantes que estean en posesión dun título de técnico superior en Artes Plásticas e Deseño é do 20 %. O 80 % restante será adxudicado mediante a proba específica.

Inscrición para realizar as probas
A inscrición farase na Secretaría da Escola de Arte e Superior de Deseño de Galicia elixida en primeira ou única opción ata o 9 de xuño.

Data da proba
As probas específicas de acceso levaranse a cabo o día 22 de xuño na EASD Pablo Picasso da Coruña:

Matrícula
O alumnado que obteña praza deberá formalizar a súa matrícula entre os días 12 e 20 de xullo.

Máis información no DOG do 16 de maio de 2017 e en http://www.edu.xunta.es/portal/taxonomy/term/209/all