30 anos compartindo experiencias de participación e inclusión en Erasmus+

15 Mai 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Consellería de Política Social, en colaboración coa Axencia Nacional do programa Erasmus+: Xuventude en Acción”, organiza  unha xornada de difusión e promoción do programa Erasmus+ con motivo da celebración do seu 30 aniversario.
O obxectivo da xornada é reunir e mostrar experiencias de entidades participantes no programa e visibilizar os proxectos realizados a través deste programa europeo, centrados fundamentalmente no eido da participación e a inclusión.

Data de celebración: 30 de maio de 2017.
Lugar: Espazo Xove Noia
Horario da actividade: De 9:30 a 14:00 horas.
Destinatarios:
Técnicos/as de xuventude.
Representantes e membros de asociacións xuvenís
Responsables de entidades participantes en E+
Organismos públicos implicados ou interesados en E+
Persoal das distintas administracións que traballen no eido da mocidade e proxectos europeos.
Técnicos Xestores de proxectos de E+
Mozos/as intersados en participar en proxectos E+
Informadores xuvenís
Interesados en xeral
Número de prazas: 70 participantes.
Mínimo para a realización do taller, 10 persoas.
Inscricións: Mediante envío de formulario electrónico.

As prazas serán outorgadas por estrito orde de envío da solicitude.

A confirmación da obtención de praza realizarase por correo electrónico. No caso de que o/a solicitante non reciba un correo de confirmación de praza con anterioridade das 13:00 horas do día anterior de data solicitada para a realización da actividade, considerase que non obtivo praza.

Prazo de inscrición: Ata as 12:00 horas do día anterior á realización da actividade.

Máis información: erasmus.xuventude@xunta.gal
Teléfono 981 545 712

FORMULARIO DE INSCRICIÓN