Curso de Iniciación á Macrofotografía

12 Mai 2017

CEIDA, Centro de extensión universitaria e divulgación ambiental de Galicia convoca un curso Iniciación á Macrofotografía
Datas: Sábado 27 e domingo 28 de maio de 2017
Lugar: Castelo de Santa Cruz (Oleiros)

Obxectivos: Dar a coñecer os conceptos básicos de fotografía necesarios para a especialidade de macro, así como os máis específicos para empregar esta especialidade. Todos os coñecementos se consolidarán mediante prácticas de campo. Non son necesarios coñecementos previos de fotografía.

Dirixido a Fotógrafos/as, naturalistas, ornitólogos/as, biólogos/as, educadores ambientais, monitores/as de actividades de tempo libre, persoas vinculadas a ONGs ambientalistas, estudantes de arte e universitarios, ou público xeral interesado.

Imparte: Fran Nieto. Profesor de fotografía e especialista en macrofotografía. Forma parte do profesorado do primeiro postgrao universitario de fotografía en España. Imparte docencia sobre diferentes temas e polos seus cursos pasaron miles de fotógrafos aficionados e profesionais. As súas imaxes foron premiadas en máis de 30 concursos. Autor do libro "Fotografía macro: descubre todos sus secretos" (JdeJ Editores, 2015)
www.frannieto.es

Contidos: Velocidade. Diafragma. Sensibilidade. Profundidade de campo. Difracción. Accesorios de macro. Aneis de extensión. Lentes de aproximación. Aneis de inversión. Foles. Obxectivos macro. Teleconvertedores. Visores de ángulo recto. O flash. Modos de funcionamento do flash. Lei inversa  do cadrado. Importancia da distancia do fondo. Fondos negros. Tipos de luces. Accesorios: reflectores, difusores e snots. Mestura con luz natural. Enfoque dixital. Extensión da profundidade de campo dixital.

Equipo: Para un perfecto aproveitamento do curso é imprescindible asistir con cámara dixital. É tamén recomendable dispoñer de cable disparador e trípode. Para as prácticas de enfoque e extensión da profundidade de campo co ordenador se recomenda asistir cun portátil con algunha versión de Photoshop instalada.

Horario: 12 h. de duración
Sábado: 10 - 14 h. / 16 - 20 h. Contidos teóricos
Domingo: 10 - 14 h. Prácticas de campo

Inscrición
Xeral: 90 €
Reducida: 80 € (estudantes e desempregados)
Prazas limitadas

http://www.ceida.org/formacion/curso-iniciacion-macrofotografia-2-edicion.html