Autorregulación. Medos e Fobias en Persoas con TEA

08 Mai 2017

Autismo Galicia organiza unha segunda edición do curso ‘Autorregulación. Medos e Fobias en Persoas con TEA’ que se celebrará o vindeiro 10 de xuño en Santiago de Compostela. O curso será impartido por Sandra Freire e María LLorente, psicólogas do Equipo Deletrea tendo como obxectivo coñecer ás causas que motivan as situacións de medo e fobia nas persoas con TEA e as súas condutas asociadas como paso previo para o dominio de estratexias de intervención para mellorar as habilidades.

A data de inscrición é do 8 de maio ao 19 de maio.

DATA: Sábado 10 de xuño
HORARIO: 10.00 a 14.00 horas e de 15.30 a 19.30 horas
LUGAR: Santiago de Compostela. Centro Abanca Obra Social. Praza Cervantes s/n
NÚMERO DE PRAZAS: 100 prazas
FEDERACIÓN AUTISMO GALICIA www.autismogalicia.org

FORMULARIO DE INCRICIÓN NO CURSO