Lingua de namorar 2017: Entrega de premios

08 Mai 2017

O sábado, día 13 de maio, terá lugar a entrega de premios do concurso Lingua de namorar 2017.

O acto de entrega será na Cidade da Cultura, as 11:00 horas, na sala Eisenman.

Lingua de namorar é un concurso en liña de mensaxes de amor en ligua galega, dirixido á mocidade de 14 a 35 anos. O obxectivo principal do concurso, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre a mocidade nas súas relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente en internet e na mensaxería instantánea.