Proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior

08 Mai 2017

Vicepresidencia e a Consellería de Presidencia convocan subvencións a proxectos de cooperación para o desenvolvemento no exterior promovidos por entidades recoñecidas como axentes de cooperación:
Organizacións non gobernamentais para o desenvolvemento.
Universidades de Galicia
Empresas e organizacións empresariais.
Sindicatos.
Comunidades galegas no exterior.
Outros axentes sociais ou entidades que teñan entre os seus fins a realización de actividades de cooperación para o desenvolvemento.

Requisitos do proxecto:
Que o proxecto redunde na ampliación das capacidades e as liberdades das poboacións beneficiarias, é dicir, que conten coa participación das persoas beneficiarias no desenvolvemento do proxecto, non sexa discriminatorio por razón de cultura, raza, xénero, relixión ou orixe, fomente a igualdade entre homes e mulleres e sexa respectuoso coa protección do ambiente.
Que teña unha repercusión práctica e cuantificable na satisfacción das necesidades básicas e os intereses estratéxicos da poboación das zonas máis desfavorecidas do país en que se execute, atendendo de xeito prioritario ás diferenzas derivadas das fendas de xénero e que sexa respectuoso cos obxectivos de desenvolvemento do país, da zona onde se leve a cabo a acción e das comunidades beneficiarias.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de 2017
Os trámites faranse obrigatoriamente en http://sede.xunta.es co procedemento PR803D
Máis información en www.cooperaciongalega.org e no DOG do 8 de maio de 2017