Fomento do emprego en colaboración coas entidades locais

08 Mai 2017

A Consellería de Traballo e Benestar convoca axudas e subvencións para o financiamento de accións de fomento de emprego, en colaboración coas entidades locais, a través da contratación de persoas traballadoras desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social co obxecto de proporcionarlles a experiencia e a práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral.

Requisitos das obras ou servizos:
a) Que sexan executados polas entidades locais en réxime de administración directa.
b) Que, na súa execución ou prestación, se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas.
c) Que a porcentaxe mínima de persoas traballadoras desempregadas que se vaian ocupar na realización da obra ou servizo sexa do 75 %.
d) Que a entidade local dispoña de asignación orzamentaria suficiente para facerse cargo das partidas orzamentarias non subvencionadas para a realización das obras ou servizos.
e) Que sexan proxectos que teñan en conta profesións que favorezan a inserción laboral.
f) Que a duración dos contratos das persoas desempregadas que vaian desenvolver a prestación dos servizos non supere os tres meses desde a súa data de inicio, cando a xornada sexa a tempo completo. En caso de contratacións a tempo parcial, de ata o 50 %, a dita duración máxima poderá estenderse ata os seis meses.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 8 de xuño de 2017
Os trámites faranse obrigatoriamente en http://sede.xunta.es co procedemento TR351A
Máis información no DOG do 8 de maio de 2017 e en http://traballo.xunta.es