Que é ser Correspondente? Video realizado polas Correspondentes do IES David Buján de Cambre

05 Mai 2017

A OMIX de Cambre organizou o 1 de abril unha xornada de formación para os/as Correspondentes Xuvenís do concello, alumnado do IES David Buján e do IES Alfonso X O Sabio.

Nesta formación fíxose unha valoración do programa, para mellorar a difusión da información xuvenil que lles chega dende a OMIX de Cambre, así como a coordinación dos equipos de correspondentes de cada IES.

Parte do traballo de ese día é este vídeo realizado polas Correspondentes do IES David Buján de Cambre, onde poñen cara os/as correspondetes e explican que é ser correspondente.

Parabéns polo traballo que estades a realizar!!

Que é ser Correspondente?