Premios extraordinarios de bacharelato

04 Mai 2017

A Consellería de Educación convoca os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2016-2017 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos:
a) Ter rematados os estudos de bacharelato no curso 2016-2017 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade á distancia e ser proposto para o título na convocatoria ordinaria do dito curso.
b) Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.
Poderanse conceder un máximo de 20 premios extraordinarios.
Cada premio estará dotado con 1.000 €
O alumnado que obteña o premio extraordinario recibirá, ademais da contía económica, un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotaralle nel a distinción.
Os/as alumnos/as que obteñan o premio extraordinario de bacharelato poderán concorrer, logo de inscrición, ao correspondente premio nacional.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de xuño de 2017 e poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED311A
Maís información no DOG do 4 de maio de 2017 e en www.edu.xunta.es/premiosbac