Monitor/a de comedor escolar

28 Abr 2017

Cruz Vermella de Santiago de Compostela organiza un curso de Monitor/a de comedor escolar

Curso de 20 horas para dotar os alumnos dos coñecementos necesarios para desenvolver un traballo de monitor ou coidador de comedores escolares non universitarios con total confianza e en condicións de seguridade.
O curso está dirixido a persoas que traballen ou desexen traballar como monitores ou coidadores de nenos en comedores escolares ou para aqueles responsables de centros educativos ou desexen coñecer o traballo que debe desenvolver o seu equipo.
O contido do curso fai especial incidencia en aspectos como a nutrición, os trastornos da conduta alimentaria, a hixiene alimentaria e bucal, a educación, habilidades sociais, a comunicación e os primeiros auxilios.

Lugar: Santiago de Compostela
Datas: 17 e 18 de xuño de 2017
Duración: 20 Horas. Sábado e Domingo de 9:00 a 14:00 e 16:00 a 21:00
Prezo: 90€. 10 % de desconto a desempregados, socios, voluntarios e estudantes.

http://formacion.cruzvermella.org/curso/monitor-comedor-santiago-junio-1/