Cursos de verán e bolsas da Universidade Internacional Menéndez Pelayo

28 Abr 2017

A Universidade Internacional Menéndez Pelayo convoca os cursos de verán 2017 e bolsas completas e bolsas de matrícula para a asistencia a estas actividades académicas que se celebrarán nas sedes da Universidade Internacional Menéndez Pelayo durante o ano 2017.

Bolsa completa. Inclúe o aloxamento e manutención nas instalacións da Universidade Internacional Menéndez Pelayo ou noutras residencias concertadas e a matrícula gratuíta ao curso ou seminario que se solicite, nos termos que se especifican na disposición Cuarta da convocatoria.
Bolsa de matrícula. A bolsa de matrícula comporta, exclusivamente, a exención do pago da matrícula no curso ou seminario solicitado polo alumno.

Requisitos:
Estar matriculado no curso académico 2016/2017 ou 2017/2018 nos estudos oficiais conducentes á obtención dun título de Grao, Máster ou Doutor nunha Universidade española, ou en calquera outro estudo que equivalla a eles, segundo a normativa vixente, ou finalizalos con anterioridade ao curso académico 2016/2017.
Os titulados que finalizasen os seus estudos con posterioridade ao 31 de decembro de 2011. Os solicitantes deberán acreditar unha nota media no seu expediente académico igual ou superior a 6 sobre base 10.

Prazo de solicitude das bolsas:
17 de mayo para os cursos que comecen antes do 7 de xullo de 2017.
12 de xuño para os cursos que comecen a partir do 10 xullo de 2017.

As solicitudes de bolsas cursaranse telemáticamente a través da páxina web da Universidade: http://www.uimp.es/actividades-academicas.html