Axudas para a contratación laboral de persoal investigador ou auxiliar

27 Abr 2017

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da GAIN, convocan axudas para a contratación laboral de persoal investigador ou auxiliar como apoio á etapa de formación posdoutoral.

Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 26 de maio de 2017.
Pódese tramitar en https://sede.xunta.es no procedemento ED481B.
Máis información no DOG do 27 de abril de 2017