Xuíz de Paz en Outes

21 Abr 2017

O tribunal superior de Xustiza de galicia fai unha convocatoria pública para cubrir a praza de xuíz/a de paz sustituto do concello de Outes.
Os requisitos para acceder á praza son ser español, maior de idade, non atoparse impedido física nin psiquicamente para o desenvolvemento da función xudicial, estar en posesión dos dereitos civís, non ter sido condenados por delito mentres non se obtivera a rehabilitación, nin procesado ou inculpado por delito doloso en tanto non sexa absolto ou se dite auto de sobresemento.
Non se esixe, nin para titular nin para substituto, a licenciatura en Dereito nin coñecementos xurídicos específicos.
O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 5 de maio de 2017.
Máis información no BOP da Coruña do 21 de abril de 2017.