V Campus de Verán XuvenCiencia 2017

21 Abr 2017

Volve o V Campus de Verán XuvenCiencia, o campamento científico da USC no Campus Terra de Lugo!
 
Cando e onde ten lugar?
Do 2 ao 8 de xullo no Campus Terra de Lugo.

Quen pode participar?
O alumnado de 4º ESO e 1º BAC (ata 2º BAC para os veteranos).
Hai un programa especial para o alumnado que quere repetir (veteranos).

Preinscrición
O formulario de preinscrición ábrese desde o venres 28 de abril ás 16:00h ata o luns 8 de maio ás 24:00h.

Que se pretende?
Que coñezas a Ciencia e a Tecnoloxía facéndoas.
Fomentar o teu interese polas titulacións científicas, técnicas e sociais.
Facilitarche información para que poidas elixir mellor.
Mostrarche as titulacións e a investigación que se fan no Campus Universitario de Lugo.
E sobre todo, que fagas novas amizades e o pases ben!

En que consiste?
Polas mañás faredes actividades prácticas e obradoiros relacionados coas titulacións científico-técnicas ou científico-sociais do Campus Terra de Lugo nos laboratorios e aulas dos centros e dos servizos xerais da Universidade, así como centros colaboradores.

Polas tardes, e xa en grupos moi pequenos, realizaredes un proxecto científico-técnico ou científico-social dirixido por profesorado universitario. Ademais, haberá unha xincana, charla divulgativa, concurso de vídeos, festa de despedida, premios e algunha sorpresa máis!

A partir das 18:00 h participaredes todos en actividades lúdicas organizadas polo programa Lumieira Acompaña.

Aloxamento
O V Campus de Verán XuvenCiencia ofrece prazas con aloxamento para todo o seu alumnado matriculado! Tamén para os que sodes de Lugo!
Ofertamos este ano para todos desde a noite do domingo 2 ata a mañá do sábado 8 de xullo o programa Lumieira Acompaña, con actividades de noite e aloxamento!
O fomento da convivencia entre @s participantes, dentro e fóra das actividades científicas, constitúe un dos principais valores que se pretende impulsar dende o Campus e por iso, na edición deste ano, así como en edicións vindeiras, optarase por darlle prioridade.

Dende a organización destácase que máis alá do fomento de vocacións científicas, XuvenCiencia conforma unha oportunidade única para que o alumando coñeza e conviva con xente de toda Galicia e doutras partes do territorio español que nun  futuro poden ser compañeiros de carreira. Asemade, o desenvolvemento persoal e a cooperación resultan aspectos fundamentais que dende XuvenCiencia pretenden reforzarse.

Ofrecerase tamén un número limitado de prazas sen aloxamento para aquel alumnado que prefira decantarse por esta modalidade.

Prezos
140 € Campus de Verán XuvenCiencia cos programas de tarde e de noite Lumieira Acompaña e con aloxamento.
A matrícula con aloxamento inclúe a participación nas actividades do Campus, o programa de tarde e de noite Lumieira Acompaña, o material necesario para o Campus, o seguro, o xantar e almorzo de media mañá nun comedor universitario, e o diploma de participación da USC. Ademais inclue a pensión completa desde o domingo 2 ao sábado 8 de xullo (6 noites de aloxamento con almorzo e cea), con acompañamento de monitores titulados da A.D.C. Lumieira Lugo.

75€ Campus de Verán XuvenCiencia co programa de tarde Lumieira Acompaña sen aloxamento.
A matrícula sen aloxamento inclúe todo o anterior excepto o programa de noite Lumieira Acompaña e a pensión completa.

http://www.usc.es/xuvenciencia/campus/gl