XXIV Certame Literario de Poesía e Narración Breve, Cambre 2017

18 Abr 2017

O Concello de Cambre convoca o XXIV Certame Literario de Poesía e Narración Breve, Cambre 2017.
Poderá participar neste certame calquera moza/-o de idade comprendida entre os 12 e os 26 anos cumpridos antes da data límite de presentación das propostas, segundo as seguintes categorías:
Categoría A: de 12 a 14 anos
Categoría B: de 15 a 18 anos
Categoría C: de 19 a 26 anos

Cada participante poderá presentar unha proposta a calquera das dúas modalidades: Poesía e Narración breve. Na modalidade de poesía presentaranse tres poemas como mínimo, de tema e forma libres. Na modalidade de narración breve a extensión máxima será de cinco DIN-A4 e o tema libre.

Os traballos estarán escritos en lingua galega e deberán ser orixinais, inéditos e non premiados.
Deberán estar escritos con ordenador, en papel de tamaño DIN-A4, espazamento entre liñas simple e tamaño de letra 12, por unha soa cara; paxinados e sen asinar. Entregaranse orixinal e cinco copias nun sobre no que figure: XXIV CERTAME LITERARIO, o lema ou pseudónimo do autor ou autora, a categoría (A, B ou C) e a modalidade (narración ou poesía). Cada traballo presentado levará xunto un sobre pechado no que, por fóra, deberán figurar os mesmos datos, e no interior, unha fotocopia do DNI, e a ficha de inscrición cuberta e asinada, que contén datos persoais e fiscais.

Os traballos poderán presentarse persoalmente ou ben seren enviados por correo ordinario a:
Concello de Cambre – Área de Cultura e Turismo
Río Barcés, 8 - 15660 Cambre

Haberá dous premios por categoría e modalidade:
Categoría A: 1º Premio: 173 € e 2º Premio: 128 €
Categoría B: 1º Premio: 218 € e 2º Premio: 150 €
Categoría C: 1º Premio: 300 € e 2º Premio: 173 €

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 10 de maio de 2017.
Máis información en no BOP da Coruña do 18 de abril de 2017 e en www.cambre.es