Axudas para novos emprendedores

17 Abr 2017

O Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) convoca as axudas para novos emprendedores, cofinanciadas polo Fondo Europeo
de Desenvolvemento Rexional (Feder) Galicia 2014-2020.

Proxectos obxecto de apoio
1. Serán subvencionables os proxectos de creación de pequenas e medianas empresas por novos emprendedores, así como os proxectos de investimento para a ampliación de pequenas e medianas empresas xa creadas, sempre que cumpran os requisitos para seren consideradas nova peme.
2. Considérase novo emprendedor, para os efectos destas bases, aquela persoa física que non estea acometendo outra actividade económica por conta propia na data de presentación da solicitude de axuda ou ben, que, aínda desempeñando unha actividade económica directa ou indirectamente no momento da solicitude de axuda, figure de alta no réxime especial de traballadores autónomos (RETA) cunha antigüidade igual ou inferior a 42 meses ou teña unha participación igual ou inferior ao 25 % do capital dunha sociedade mercantil.
As solicitudes poden tramitarse en http://www.tramita.igape.es

Os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes:
Convocatoria 2017.1: ata o 20 de xuño de 2017
Convocatoria 2017.2: dende o 30 de xuño de 2017 ata o 29 de setembro de 2017
Convocatoria 2017.3: dende o 10 de outubro ata o 30 de novembro de 2017
 
Máis información no DOG do 17 de abril de 2017 e en http://www.igape.es/es