Campamentos de Verán 2017

17 Abr 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, oferta a programación de actividades da Campaña de Verán 2017

Servizos ofertados
As persoas participantes disporán dos seguintes servizos:
a) Un programa de actividades de carácter sociocultural, recreativo, formativo e convivencial, que posibilite a participación do/a mozo/a.
b) Aloxamento en albergue xuvenil, residencia xuvenil ou campamento xuvenil.
c) Manutención en réxime de pensión completa.
d) O material necesario para a actividade.
e) Un equipo técnico de persoal especializado en animación sociocultural e actividades de tempo libre e actividades náuticas, de ser o caso. Así mesmo, e para o caso das persoas con necesidades especiais por razón da súa discapacidade, disporase de persoal de apoio que conte con formación e experiencia para atender as súas necesidades.
f) Atención sanitaria de primeiros auxilios e seguro de accidentes.
g) Nas actividades desenvolvidas noutras comunidades autónomas inclúese o transporte desde Santiago de Compostela, ou lugar que se sinale como punto de saída,  ata o lugar de destino, así como o retorno ata Santiago de Compostela.

A incorporación aos campamentos e albergues de Galicia será por conta da persoa interesada o día de inicio da quenda correspondente, entre as 16:00 e as 19:00 horas. Non se admitirá ningún/ningunha participante despois deste límite.

Nas actividades que se leven a cabo noutras comunidades autónomas, será por conta da persoa interesada o traslado desde o seu domicilio ata Santiago de Compostela, ou o lugar que se sinale como punto de saída, tanto o día de ida para a actividade como o día de chegada desta.

Idades: poderán participar os mozos e mozas que teñan entre 9 e 17 anos.
-Os/as nacidos/as no ano 1999 non poderán cumprir 18 anos antes da finalización do campamento.
-Os/as nacidos/as no ano 2008 deberán ter cumpridos 9 anos ao inicio do campamento.
 
Ningún/ningunha participante poderá ser admitido/a en máis dun campamento por ano.

A adxudicación das prazas será por sorteo. Crearase unha lista de espera para un campamento concreto, de entre os que solicitou entre as cinco opcións na que se ofertarán as prazas que queden vacantes. As prazas vacantes que non se cubrisen serán ofertadas na fase de resultas a calquera solicitante que as demande.

Discapacidades:
As persoas que teñan unha discapacidade igual ou superior ao 33 % poderán participar nesta convocatoria cumprindo os seguintes requisitos:
- Facer constar a súa condición no apartado que figura no seu impreso de solicitude, co fin de planificar os apoios persoais necesarios.
- Que no certificado de recoñecemento de discapacidade non se recolla a necesidade de axuda de terceira persoa.
- Ter capacidade de integración nun grupo e que as súas limitacións e/ou necesidades especiais lles permitan participar e beneficiarse das actividades que se van desenvolver no destino que soliciten.

Haberá tamén prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade en campamentos e quendas específicas.

Solicitudes:
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos seguintes códigos:
Solicitude individual: procedemento BS303A.
Solicitude múltiple: procedemento BS303F.
Prazas reservadas para inclusión de persoas con discapacidade:
procedemento BS303G para solicitude individual
procedemento BS303H no caso de solicitude múltiple.

Prezo:
Os membros de familia que teñan o título de numerosa terán un desconto do 50%
As persoas usuarias do Carné xove gozarán dun desconto do 25%

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ato o 2 de maio de 2017
Máis información no DOG do 17 de abril de 2017 e en http://xuventude.xunta.es/images/accion_de_veran/2017/FOLLETO_CAMPAMENTOS.pdf

Instalacións e prazas:

lugo

ourense

 

pontevedra

 

acoruña

comunidades

inclusion