Oferta concertada de uso das instalación xuvenís na Campaña de verán 2017

17 Abr 2017

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca a oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano 2017, que comprende do 15 de xuño ao 30 de setembro de 2017.

Poderán solicitar o uso das instalacións:
1. As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á mocidade e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas.
2. Os consellos locais e municipais de xuventude.
3. Corporacións locais.
4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa mocidade.
5. Grupos de mozos e mozas non asociados/as que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas.

O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer:
-Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa.
-Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas.
-Xerencia e persoal de servizo. 
 
Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos sinalados.

Os prezos das instalacións están publicados no DOG do 8 de abril de 2016.
Aqueles grupos que figuren inscritos no Rexistro da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos sinalados no punto anterior.

Datas e instalacións:

ofertaconcertada

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS304A.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 2 de maio de 2017.
Máis información no DOG do 17 de abril de 2017 e no correo ofertaconcertada.benestar@xunta.es