Albergue Xuvenil de Gandarío (Bergondo)

Cornide Nº 20, 15167 Bergondo (A Coruña)
A 2 km de Sada (A Coruña) na estrada Sada - Betanzos.
T.  981 791 005

A instalación é un recinto natural de 50.000 metros cadrados situado á beira da praia de Gandarío, con amplas zonas verdes, instalacións deportivas, laboratorio de aula-mariña, salón de xogos, museos de bioloxía mariña e de arte xuvenil, salas de xuntanzas, zona de acampada con servizos e cafetería.

É a instalación da provincia máis apropiada para discapacidades físicas.

Ten liteiras. Os exteriores e as zonas comúns son de fácil acceso. Carece de material náutico e de actividades adaptado.

      
      
    • ACTIVIDADES NO MAR


ACTIVIDADES
Náuticas: vela, TDV táboa (windsuf), canoa (caiac), paddle surf, wakeboard, donut; outras actividades: xogos deportivos, aula TIC mariña; excursión náutica (volta Ártabra) e saída.

 

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Actividades no mar

01-10/07

08-09-10

193,30 €

150007

15-24/07

05-06-07-08

193,30 €

150008

29/07-07/08

05-06-07-08

193,30 €

150009

12-21/08

09-10-11

193,30 €

150010

26/08-04/09

08-09-10-11

193,30 €

150011


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

CAMPAMENTOS TECNOLÓXICOS

NOTA: Para participar nestes campamentos non se esixe saber nadar. As persoas que non saben nadar non poderán participar naquelas actividades que, de ser o caso, se desenvolvan na auga.
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA dos campamentos coas indicacións  sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

    • CREANDO O MEU VIDEOXOGO

ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento ao desenvolvemento de videoxogos e á Intelixencia Artificial en imaxe 3D, usando o motor de videoxogos Unreal Engine. As persoas participantes poderán crear nesta contorna un videoxogo definindo a interface gráfica, as personaxes, a mecánica do xogo e facer uso da Intelixencia Artificial para obter comportamentos que se asemellen á realidade.

 

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Creando o meu videoxogo

31/08-07/09

09-10-11

148 €

150012

 

    • A VISTA DE PAXARO. PRIMEIROS PASOS CON DRONS

ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos fundamentos que permiten a creación, control e voo dun dron. As persoas participantes terán a opción de construír o seu propio dron e de aprender os elementos básicos do seu funcionamento e, ao final do campamento, realizar unha xincana de competición coas súas creacións.

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

A vista de paxaro. Primeiros pasos con drons

31/08-07/09

09-10-11

148 €

150013

 


    • ADESTRANDO O MEU ROBOT

ACTIVIDADES XERAIS: Achegamento aos principios tecnolóxicos que son necesarios para construción, funcionamento e mellora no control de robots sinxelos, mediante o emprego de ferramentas informáticas e traballo en equipo, superando pequenas probas ou retos coa aplicación dos coñecementos aprendidos.  

CAMPAMENTO

QUENDA

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Adestrando o meu robot

31/08-07/09

09-10-11

148 €

150014

 



 

Gandario Bergondo 2

Gandario Bergondo 3 

Gandario Bergondo 4