Campamento Xuvenil 'A Illa de Ons' (Bueu)

Campamento Xuvenil A Illa de Ons. (Pontevedra)

En barco desde Bueu, Sanxenxo e Portonovo.

T.

Campamento situado na Illa de Ons. Ten unha capacidade de 60 prazas en tendas de campaña.

As características do campamento nesta illa veñen subliñadas pola propia situación, aproximadamente a 1,5 km do peirao. As edificacións do conxunto (espazo das tendas de campaña, aseos comúns, pavillón aberto, comedor) están alleas entre si, intercomunicadas mediante corredoiras de terra con certas pendentes e baixadas, non aptas para cadeiras de rodas nin para nenos ou nenas que precisen apoios ortopédicos.

 

  • ILLA MARABILLA

ACTIVIDADES

Náuticas: paddle surf, caiac, snorkel; aventura e natureza: tiro con arco, orientación con gps, actividades de praia, aula de natureza; outras:pelot-ons (balompé ,baloncesto, kin-ball), video mariño; saídas.

NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Illa Marabilla

01-08/07

10-11

117,36 €

360013

11-18/07

11-12

117,36 €

360014

21-28/07

09-10

117,36 €

360015

01-08/08

11-12

117,36€

360016

11-18/08

11-12

117,36 €

360017

Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 Ons 1

Ons 3