Campamento Xuvenil 'Pontemaril' (Forcarei)
Datos xerais
É un campamento de media montaña con capacidade para 140 prazas en tendas de campaña e 48 prazas en albergue da instalación.
Accesibilidade
As instalacións non están adecuadas para a accesibilidade de persoas en cadeira de rodas ou con apoios ortopédicos (muletas, etc.), xa que a situación das tendas ou pavillóns existentes (dormitorios, aseos, multiusos) atópanse nun contorno forestal onde os accesos son de terra ou grava, con certas subidas e baixadas, sen aplanar. Tamén hai que ter en conta as particularidades propias do desenvolvemento das actividades xerais.
Cómo chegar
Situado a 2 Km de Forcarei, na estrada N-541 de Pontevedra-Ourense. Ferrocarril a Pontevedra.
Enderezo
Campamento xuvenil Pontemaril. 36550 Forcarei (Pontevedra).
Teléfono
986 755 045
Actividades
Aventura na natureza
_____________________________________________________________________________________________________________________________
ACTIVIDADES XERAIS: Actividades de supervivencia, gran xogo de aventuras, piragüismo, bicicleta na natureza, circo, piscina, kaiak polo, carreira de orientación, xogos predeportivos e sendeirismo na montaña.
Pequecho aventura
_____________________________________________________________________________________________________________________________
ACTIVIDADES XERAIS: Piragüismo, bicicleta na natureza, circo, piscina, kaiak polo, actividades de supervivencia, carreira de orientación, xogos predeportivos, sendeirismo na montaña, obradoiro de conservación do medio e reciclaxe, e excursións.