Praia das Sinas, 36620. Vilanova de Arousa (Pontevedra).
Está situada na ría de Arousa a 4 Km de Vilagarcía de Arousa, na estrada Vilagarcía-Cambados. Autobuses e ferrocarril a Vilagarcía.
T. 986 554 081
O albergue está nunha zona turística á beira do mar con abundante arboredo, zona verde e xardín. Ten unha capacidade de 120 prazas en liteiras.
A instalación dispón dunha pista polideportiva de fútbol sala e baloncesto.
O albergue conta cun pavillón adaptado para persoas discapacitadas con problemas de mobilidade. O pavillón número 3 conta con 13 camas baixas, 1 aseo e 1 ducha adaptados e, a maiores, fóra do pavillón, nos aseos comúns existe 1 aseo e 1 ducha adaptados para nenos e igual para nenas. Non hai barreiras arquitectónicas para acceder ao comedor e ás salas de uso múltiple xa que estas teñen ramplas. En canto ás actividades xenéricas deste albergue, hai que considerar as limitacións que poden xurdir no desenvolvemento de vela, táboa, piragüismo e caiac polo.
-
O MAR QUE IMAXINAS
ACTIVIDADES
Náuticas: vela, táboa, piragua, caiac polo; snorkel con seadoo scooter; surfcamp: skimboard, volei praia, shuttleball praia, paddlesurf; deportivas: Alusinas (fútbol, baloncesto, volei praia e slack-line); outras:intermareal.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
O mar que imaxinas |
01-10/07 |
08-09 |
193,30 € |
360001 |
15-24/07 |
08-09 |
193,30 € |
360002 |
|
29/07-07/08 |
08-09 |
193,30 € |
360003 |
|
12-21/08 |
05-06-07-08 |
193,30 € |
360004 |
|
26/08-04/09 |
05-06-07-08 |
193,30 € |
360005 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVAdo campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.