2780 A Pobra de Trives (Ourense)
Pódese chegar desde A Pobra de Trives (C-536), a 16 km da estación, ou desde a Vila de Manzaneda, a 10 Km. Desde os dous lugares accédese por estrada local de montaña.
Desde Ourense á Estación hai 90 Km. Existen medios de transporte público desde Ourense a Pobra de Trives, e de Trives á Estación en Taxi (16 Km).
En tren: a estación de Ourense está a 86 km de Manzaneda e a da Rúa a 40 Km.
T. 988 309 090
Situada na Serra de Queixa, en pleno Macizo Oriental Ourensá, goza da protección medioambiental europea que lle confire pertencer á Rede Natura, no medio dun bosque de 2.000 hectáreas onde podemos observar a vexetación (bidueiros, piñeiros, acivros, breixos, arandeiras, etc...) e a fauna autóctona (corzos, esquíos, varias especies de aves rapaces, etc...). Coa súa base a 1.500 metros de altitude e o seu cumio próximo aos 1.800 metros.
A instalación está adaptada para persoas con problemas de mobilidade.
• MANZANEDA ALTA MONTAÑA
Multiaventura: parque multiaventura con tirolinas, rocódromo, puntería (xincana con arco, frechas, ventosas e balóns); taller de supervivencia, vivac cos elementos da natureza ao alcance, orientación, sendeirismo, bicicleta, slackline; grandes xogos: Rommel e Montgomery, misión imposible e xogos predeportivos (goal-ball e kin-ball), got talent; educación medioambiental: coñecemento da contorna, telecadeira turística: visita ao punto máis alto de Manzaneda, punto xeodésico; outras actividades: cabalos, obradoiro de camisetas, piscina, xincana na auga, scape room e veladas.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Manzaneda Alta Montaña |
22-29 /07 |
11-12-13-14 |
148 € |
320005 |
31/07 - 07/08 |
11-12-13-14 |
148 € |
320006 |
|
09-16/08 |
11-12-13-14 |
148 € |
320007 |
|
18-25/08 |
08-09-10 |
148 € |
320008 |
|
27/08- 03/09 |
08-09-10 |
148 € |
320009 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.