Complexo turístico-deportivo O Corgo
Praza de San Rosendo 1, 32880 Mugueimes (Ourense)
A-52 dirección Verín –A Gudiña, saída 129 , Estrada Nacional 525, na rotonda tomar a 2da saída na estrada Gudiña –Viana do Bolo OU 0908
T. 988 40 60 75
Este complexo está equipado cun comedor central, instalacións deportivas, zonas cubertas con pérgolas, para chuvia e sol. Ten praias fluviais con zonas verdes; duchas, campo de deportes con herba artificial; polideportivo cuberto, con alumeado; vestiarios e canchas deportivas; zonas de camiños e sendeiros e aparatos biosaudables. Dispón de zonas de lecer, de salas de ocio e obradoiros temáticos así como zonas de audiovisual. Hai vixiantes nas zonas de baños. Para a práctica deportiva, conta con barcos e piraguas.
Os exteriores do albergue están adaptados parcialmente. O interior da instalación ten rampla de acceso, baño adaptado e habitación con cama. O albergue só ten unha planta e non ten escaleiras.
-
MEGALÍTICO E ARQUEOLÓXICO
ACTIVIDADES
Arqueolóxicas e megalíticas: coñecemento en profundidade do megalitismo, con actividades diarias na Aula megalítica, excursións para visitar “in situ” os dolmens ao pé do Val do Salas, rutas de sendeirismo polo Val da Morte, visitas as ruínas Romanas Aquis Querquenis, vista aos miliarios para coñecemento da súa historia e funcionalidade; de cultura popular: xogos tradicionais e interacción cos veciños do concello e aprender a facer pan en forno tradicional; medioambientais: visita a Salgueiro para avistar ás aguias reais que sobrevoan a comarca da Baixa Limia; de aventura: probas de resistencia e habilidade no circuíto permanente Gladiator Race e Olimpiadas entre os restos Arqueolóxicos do Aquis Querquennis, outras actividades: piragüísmo e piscina.
NOTA: Para ser admitido no campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Megalítico e arqueolóxico |
16-24/08 |
08-09-10-11 |
166,50 € |
320011 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre a incorporación e a recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.