Concello de Carballedo ou limítrofes

POBOADO DE OS PEARES (CARBALLEDO - LUGO)
Lugar A Pena, s/n, Carballedo
Na N-120 coller o desvío cara Os Peares, cruzar o Río Sil, e seguir ata o embalse dos Peares.
T. 988 200 400

O antigo poboado hidráulico de Os Peares rehabilitouse para convertilo nun complexo educativo para a ensinanza plurilingüe. As edificacións que conforman o poboado sitúanse de xeito illado e independente, aínda que os edificios se agrupan entre si formando catro núcleos que se destinan para aulas, aloxamentos, estancias comunitarias ou de servizo; tamén ten zonas de estancia ao aire libre.

Non é viable para persoas con problemas de discapacidade física.

 

    • ADVENTURE CAMP

      

ACTIVIDADES
En inglés: vivac tools, radio workshop; talent show night; play in english; deportivas: scooter (actividade alternativa con flickers), alternative games, caiac, paddle board, traditional games, geo orientación e archery (tiro con arco); outras actividades: piscina fluvial, descuberta de Castro Caldelas, visita á base de helicópteros contra incendios.

 

 

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Adventure Camp

01-08/08

12-13-14

148 €

270022

11-18/08

08-09-10-11

148 €

270023

21-28/08

08-09-10-11

148 €

270024

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.