Rúa As Lagartas s/n (Área Recreativa Os Chacotes), 27209 Palas de Rei (Lugo)
Autobuses desde Lugo a Santiago de Compostela todos os días.
Por ferrocarril: estación RENFE en Lugo.
T. 982 380 313
Atópase na vila de Palas de Rei, na ruta do camiño xacobeo, a 35 km de Lugo na estrada N-547 Santiago de Compostela – Guntín. O aloxamento é en tendas de campaña. Conta con comedor, cociña, primeiros auxilios e instalacións deportivas do concello, incluída a piscina.
Non dispón de zonas asfaltadas. Non é viable para persoas con problemas de discapacidade física.
• MULTIAVENTURA NOS CHACOTES
• AVENTURA-T
ACTIVIDADES
Deportivas e de aventura: caiac, btt, escalada en rocódromo, láser tag, tiro con arco, slackline, técnica de vivac, raid de aventura (triatlón); outras actividades: piscina, ecopalas, festa final; marcha e visita ao Castelo de Pambre, descuberta en Palas.
NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Multiaventura nos Chacotes |
01-10/07 |
09-10 |
146,70 € |
270018 |
12-21/08 |
09-10 |
146,70 € |
270021 |
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Aventura_T |
15-24/07 |
05-06-07-08 |
146,70 € |
270019 |
29/07-07/08 |
05-06-07-08 |
146,70 € |
270020 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.