Avenida de Sarria 20, 27178 Portomarín (Lugo)
Atópase a 30 km de Lugo pola estrada LU-612 (Lugo-Portomarín). Autobuses diarios desde Lugo.
T. 982 545 022
Atópase á beira do encoro de Belesar na xacobea vila de Portomarín. O aloxamento é en cuartos de 4 camas. Conta con comedor e sala de televisión e coas instalacións deportivas do concello, incluída a piscina.
Non dispón de ascensor nin de baños e dormitorios adaptados.
• A MIÑA PRIMEIRA AVENTURA
ACTIVIDADES
Deportivas: bicicleta, deportes alternativos; aventura e natureza: tiro con arco, slackline, construcións naturais e técnicas de vivac, aula da natureza, obradoiro de conservación do medio e reciclaxe, xincana de aventuras; outras: piscina, xincana acuática, xogos activos, ciencia divertida; visita e descuberta en Portomarín, excursión.
NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
A miña primeira aventura |
01-08/07 |
12-13-14 |
148 € |
270006 |
11-18/07 |
12-13-14 |
148 € |
270007 |
|
21-28/07 |
12-13-14 |
148 € |
270008 |
|
01-08/08 |
12-13-14 |
148 € |
270009 |
|
11-18/08 |
12-13-14 |
148 € |
270010 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.