Praia de Area, 27850 Viveiro (Lugo)
A 5 Km de Viveiro na estrada LU-862. Autobuses de Lugo a Viveiro todos os días.
Por ferrocarril: Estación FEVE en Viveiro (liña Ferrol-Xixón).
T. 982 560 851
Atópase situado ao pé de praia, na ría de Viveiro, mirando ao Cantábrico. Cuartos de 4, 5, e 6 camas, sala de televisión, aulas para actividades, laboratorio, comedor, cociña e instalacións deportivas.
Non dispón de ascensor nin de baños e dormitorios adaptados.
• NATURAREA: AMBIENTE MARIÑO E NÁUTICA
ACTIVIDADES
Naúticas: vela, windsurf, wakeboard, caiac; mariñas e deportivas: snorquel, aula de natureza mariña, olimpíadas terra e mar; diverpraia: slackline praia, paddlesurf, cometas de tracción, palas, volei praia; excursión.
NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
NaturArea: ambiente mariño e náutica |
01-10/07 |
08-09 |
193,30 € |
270001 |
15-24/07 |
05-06-07-08 |
193,30 € |
270002 |
|
29/07-07/08 |
08-09 |
193,30 € |
270003 |
|
12-21/08 |
08-09 |
193,30 € |
270004 |
|
26/08-04/09 |
05-06-07-08 |
193,30 € |
270005 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.