Albergue Xuvenil Marina Española (Sada)

Lg. Corbeiroa, s/n, Sada (A Coruña)
A 1,5 km de Sada (A Coruña), na estrada a Betanzos.
T. 881 880 984

Edificio de 4 andares a carón do mar con aloxamento en cuartos de 6 camas e aseo integrado. Dispón de salas de xuntanza, salón de usos múltiples, sala de xogos, pistas deportivas, polideportivo cuberto e espazos ao aire libre.

Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados parcialmente. Só a planta primeira ten o aseo adaptado.

As habitacións teñen maioritariamente liteiras. Carece de ascensor.

 

    • AVENTURA NAS MARIÑAS

ACTIVIDADES

Actividades deportivas: takraw/vólei pé, kimball, goalball e boccia; de aventura e natureza: xincanas, xeocaptura, tirolesa e slackline, tiro con arco, escalada, busca de tesouro, aula da natureza, praia e construcións na area, cometas; sobre rodas: flickers e trickers, BTT; outras actividades: videoclip, xogos tradicionais, taller de relaxación, piscina; ruta ambiental e saída a Sada.

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura nas Mariñas

01-08/07

13-14-15

148 €

150001

11-18/07

13-14-15

148 €

150002

21-28/07

13-14-15

148 €

150003

01-08/08

13-14-15

148 €

150004

11-18/08

13-14-15

148 €

150005

21-28/08

13-14-15

148 €

150006

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

Sada Marina 1

Sada Marina 2