Albergue Xuvenil Marina Española (Bergondo e Sada)

Lugar Lagoa 40, 15167 Sada  (A Coruña)
A 1,5 km de Sada (A Coruña), na estrada a Betanzos.
T. 981 620 118

Edificio de 4 andares a carón do mar con aloxamento en cuartos de 6 camas e aseo integrado. Dispón de salas de xuntanza, salón de usos múltiples, sala de xogos, pistas deportivas, polideportivo cuberto e espazos ao aire libre.
Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados parcialmente. Só a planta primeira ten o aseo adaptado.
As habitacións teñen maioritariamente liteiras. Carece de ascensor.

    • AVENTURA NAS MARIÑAS

ACTIVIDADES
Actividades deportivas: takraw/volei pe, kimball, goalball e boccia; de aventura e natureza: xincanas, xeocaptura, tirolina e slackline, tiro con arco, escalada, busca de tesouro, aula da natureza, praia e construcións na area;  sobre rodas: flickers e trickers, BTT; outras actividades: videoclip, xogos tradicionais, diverciencia, divercociña, taller de relaxación; ruta ambiental e saída a Sada.

 

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Aventura nas Mariñas

01-08/07

12-13-14

148 €

150001

11-18/07

12-13-14

148 €

150002

21-28/07

12-13-14

148 €

150003

01-08/08

12-13-14

148 €

150004

11-18/08

12-13-14

148 €

150005

21-28/08

12-13-14

148 €

150006

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

Sada Marina 1

Sada Marina 2

Sada Marina 3