Campamento xuvenil 'Espiñeira' (Boiro)

Costa de Espiñeira 81, 15930 Boiro (A Coruña)
A 2 km de Boiro. Autobuses desde Santiago de Compostela.
T. 981 845 260

A instalación dispón de 100 prazas en tendas de campaña. Ten pistas polideportivas, servizos hixiénicos completos e comedor cuberto.
 
Ten dous aseos adaptados. Os exteriores non están adaptados pero son de fácil acceso para cadeiras de rodas.


    • CANDILEXAS

ACTIVIDADES
Artes escénicas: teatro, circo, caracterización, danza, maxia, percusión, acrosport, arte na natureza, contos ao revés, ensaios teatrais e representación final; outras actividades: láser tag, tiro con arco, xogo de aventura, festa Holi e festa da espuma; excursións (Boiro e parque do río Coroño), inclúe praia con actividades por equipos: volei, papaventos, brilé, petanca).

NOTA: Para participar neste campamento non se esixe saber nadar. No caso da actividade de praia ou de calquera outra actividade acuática, as persoas que non saben nadar non poderán entrar na auga.

 

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Candilexas

01-10/07

11-12

146,70 €

150024

15-24/07

11-12

146,70 €

150025

29/07-07/08

11-12

146,70 €

150026

12-21/08

05-06-07-08

146,70 €

150027

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

 

 

 

 

Boiro Espiñeira 3

Boiro Espiñeira 2

Boiro Espiñeira 1