Lugar Aguieira 8, 15978 A Aguieira, Porto do Son (A Coruña)
A 2 km de Porto do Son, na estrada a Noia
T. 981 767 587
O campamento está á beira do mar e ten capacidade para 150 prazas, en tendas de campaña. Ten un comedor cuberto, pista polideportiva e recinto cuberto para obradoiros.
Os aseos e os exteriores non están adaptados. Non están adaptados nin o material náutico nin as actividades.
• NATUREZA XUNTO AO MAR
ACTIVIDADES
Náuticas: caiac, surf, bodyboard, caiac surf; aventura e supervivencia: raid-escalada, bicicleta de montaña, tirolesa, tiro con arco, slack-line, longboard, rappel, orientación, vivac e primeiros auxilios; diverpraia: paddleBoard, skimboard, cometas; outras actividades: natureza mariña/biomergullo; excursión e inmersión no Son.
NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.
CAMPAMENTO |
DATAS |
ANOS DE NACEMENTO |
COTA |
CÓDIGO |
Natureza xunto ao mar |
01-10/07 |
08-09 |
172,50 € |
150020 |
15-24/07 |
08-09 |
172,50 € |
150021 |
|
29/07-07/08 |
05-06-07-08 |
172,50 € |
150022 |
|
12-21/08 |
05-06-07-08 |
172,50 € |
150023 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.