Campamento xuvenil 'Furelos' (Melide)

Rúa Río Furelos, 15800, Melide (A Coruña)
A 1,5 km de Melide na estrada Lugo-Santiago de Compostela
T. 981 507 412

Está situado a carón do Camiño Francés. Ten capacidade para 60 prazas en tendas de campaña.
Ten un aseo adaptado. Os exteriores non están adaptados.


    • NATUREZA NO CAMIÑO


ACTIVIDADES
Actividades de aventura e natureza: xincana de aventuras, orientación, sendeirismo, tiro con arco;  deportivas: bicicleta de montaña, spartan race, paleo training, canoa (caiac), xogos predeportivos e quidditch; outras actividades: agrogranxa, karaoke, taller de relaxación; excursión e OllaMelide.

 

 

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

Natureza no camiño

01-10/07

09-10

146,70 €

150015

15-24/07

05-06-07

146,70 €

150016

29/07-07/08

08-09

146,70 €

150017

12-21/08

09-10

146,70 €

150018

26/08-04/09

05-06-07

146,70 €

150019

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.

Melide Furelos 1