Granxa Zoo de Grixalba (Sobrado dos Monxes)

Granxa Zoo de Grixalba

R/Casal de Abaixo, 2. 15815 Grixalba. Sobrado dos Monxes. A Coruña
Coordenadas para GPS: 43º05’18.1″N – 7º58’15.2″W
T. 650 955 265

Complexo turístico en plena natureza no que se pode desfrutar da vida no campo. O complexo conta cunha infraestrutura de 7000 m2. O Albergue con 450m2 está destinado a estancia e aloxamento dos/as rapaces/zas e ten unha capacidade máxima de 45 prazas repartidas en habitacións  con liteiras.

Os exteriores e os accesos ás zonas comúns están adaptados parcialmente. Só a planta primeira ten o aseo adaptado. As habitacións teñen maioritariamente liteiras. Carece de ascensor.

 

• ALDEA PERDIDA

ACTIVIDADES
Educación ambiental: obradoiro de coidado na horta, de compostaxe e sementes autóctonas e deseño de hortos sostibles, roteiros con interpretación de flora e fauna e de rastrexo no medio natural,  coidado de animais domésticos; obradoiros: de alimentación e de artesanía;  outras actividades: tiro con arco, paseo a cabalo, xincanas, veladas, piscina e xogos.

 

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

CAMPAMENTO

DATAS

ANOS DE NACEMENTO

COTA

CÓDIGO

A aldea perdida

30/07-06/08

11-12-13-14

148 €

150030

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.