http://www.alberguecatedral.com
O aloxamento e a manutención serán no albergue catedral de Vitoria-Gasteiz e a meirande parte das actividades e obradoiros desenvolveranse na sala de concertos Hell Dorado.
Sala de concertos Hell Dorado:
Escultor Isaac Díez K/z g, 01007 Vitoria-Gasteiz.
Importante que leven os Instrumentos que saiban tocar.
COLONIA DE ROCK
ACTIVIDADES
Musicais: pensada preferiblemente para persoas que teñan inquedanzas musicais e de produción musical (son, vídeo e iluminación). É desexable que as persoas participantes teñan algunha formación musical, que saiban tocar algún instrumento ou canten, que toquen nalgún grupo de música ou que estean interesadas en formar un. A meirande parte das actividades e obradoiros desenvolveranse na sala de concertos Hell Dorado.
Haberá obradoiros de historia do rock, produción musical, de merchandising ou imaxe rock, de vídeo (gravarase unha curta) de fotografía dixital, expresión artística, combos e ensaios, concertos…etc..;
outras actividades: excursión á costa e ás piscinas.
NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.
INSTALACIÓN XUVENIL |
MODALIDADE |
ANO NACEMENTO |
DATAS |
COTA |
CÓDIGO |
Alb. Catedral de Vitoria |
Colonia de rock |
06-07-08 |
01-12/07 |
284,50 € |
500001 |
Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.