Albergue xuvenil El Escorial (Madrid) Inmersión lingüística en inglés e novas tecnoloxías

xuvenil escorialDatos xerais:

O albergue está situado no centro urbano de San Lorenzo de El Escorial, a 55 km de Madrid, ao noroeste da Comunidade Autónoma de Madrid e na en la vertente sur oriental da Serra de Guadarrama.

O edificio é unha construción típica da zona da serra, que data de finais dos anos 40, e as habitacións están distribuídas en 3 andares.

Pola súa situación xeográfica privilexiada son moitas as posibilidades que se ofrecen aos visitantes para desenvolver actividades culturais e de natureza.

 

Enderezo:

Calle Residencia, 14

28200 San Lorenzo de El Escorial (Madrid)

Tel. 91 890 59 24

escorial@madrid.org

http://reaj.com/madrid/albergue-juvenil-el-escorial.html

Actividades

Dinámicas de grupo, xogos de roles, actividades creativas (escenas de teatro, karaoke, baile, debuxo,...), actividades nas redes sociais e en Internet, fotografía, xincanas, photo reading, pensamento visual, música. Visita a hortas ecolóxicas con actividades prácticas para sensibilizar sobre as prácticas ecolóxicas en agricultura e a boa alimentación. Actividades deportivas, saídas e excursións (unha experiencia en Madrid: Parque de atraccións e Museo Reina Sofía, visita a horta ecolóxica, clase de agricultura ecolóxica e picnic no campo).

Equipamento persoal

Non é necesario saco de durmir

Documentación necesaria

  • DNI ou pasaporte
  • Cartilla sanitaria da Seguridade Social ou outro tipo de seguro médico

xuvenil escorial2

 

 

 

Medicamentos

  • Se o/a participante require unha dieta específica, é obrigatorio presentar un xustificante médico

Material recomendado

  • Mochila ou bolsa de viaxe, evitarase maletas que son máis difíciles de acomodar no portaequipaxes do autobús
  • mochila pequena para excursións
  • útiles de aseo persoal, toallas
  • calzado deportivo e de sendeirismo
  • pantalóns longos e curtos, calcetíns de algodón
  • chuvasqueiro e suadoiro
  • bañador, protector solar, after sun, e gorra
  • sandalias de goma
  • lanterna

É recomendable que os participantes leven algún instrumento musical que toquen, un libro da súa elección en inglés, unha selección de música que lles guste en inglés, caderno, bolígrafo e o seu móbil.