Albergue xuvenil Las Dehesas (Cercedilla- Madrid) Cine en Inglés

xuvenil Las DehesasDatos xerais:


Situado a 62 Km. de Madrid, 54 Km. de Segovia e 2 Km. do centro urbano de Cercedilla. No Val da Fuenfría, en plena serra de Guadarrama. O Albergue atópase a beira do arroio da Venda.

Enderezo:

Carretera de las Dehesas 94 km 2.5
28470 Cercedilla (Madrid)
 Tel : 91 852 01 35
Fax: 91 852 18 36

dehesas@madrid.org

https://reaj.com/albergues/juvenil-las-dehesas/

Actividades

Actividades de natureza e aventura (obradoiros, xincanas, xogos, piscina, visita parque Amazonia e parque de atraccións de Madrid, etc...), proceso de produción dunha curtometraxe en inglés (preprodución, guión, caracterización, rodaxe e montaxe) e actividade de LipDub.

Equipamento persoal

Documentación necesaria

  • DNI ou pasaporte
  • Cartilla sanitaria da Seguridade Social ou outro tipo de seguro médico
  • Medicamentos

    Se o/a participante require unha dieta específica, é obrigatorio presentar un xustificante médico

    Material recomendado

  • Mochila ou bolsa de viaxe, evitarase maletas que son máis difíciles de acomodar no portaequipaxes do autobús
  • Mochila pequena para excursións
  • Útiles de aseo persoal, toallas
  • Calzado deportivo e de sendeirismo
  • Pantalóns longos e curtos
  • Chuvasqueiro e suadoiro
  • Bañador, protector solar, after sun, e gorra
  • Sandalias de goma
  • Lanterna e cantimplora