Albergue Xuvenil de Barria (Álava). Actividades de Multiaventura

Xuvenil BarriaDatos xerais

Está situado ao pé da Serra de Urkilla, a 25 km de Vitoria-Gasteiz. É un antigo mosteiro rehabilitado para albergue cunha ampla zona para actividades. Consta de habitacións de 4, 6 e 8 prazas con baño incorporado e 4 habitacións de 20 prazas con baños compartidos. Conta tamén con salas de actividade con televisión e vídeo, piscina e canchas deportivas. As comidas elabóranse na propia instalación.

Enderezo

Monasterio-Albergue de Barria
01208 Barria-Narvaja (Álava-Araba)

https://reaj.com/albergues/juvenil-monasterio-de-barria/

Actividades

Piscina, iniciación hortícola, xogos, obradoiros medioambientais, excursións, saída turística a Vitoria-Gasteiz, actividades de deporte-aventura como escalada, tirolina, tiro con arco, descenso de barrancos e/ou espeleoloxía.

Equipamento persoal

Documentación

  • DNI
  • Tarxeta sanitaria

Medicamentos

  • Medicamentos específicos (só no caso de tratamentos médicos)
  • Haberá que levar un certificado médico no caso de necesitar algunha dieta especial

Roupa

  • Calzado adecuado (zapatillas de deporte e outro calzado apropiado para andar polo monte)
  • Roupa cómoda e de abrigo (pantalóns largo e curto, camisetas, chándal, xerseis, chuvasqueiro, roupa que se poida manchar...)
  • Traxe de baño, toalla e gorro de piscina, crema solar, chancletas cerradas (para actividades náuticas)
  • Toallas de aseo, mudas, roupa para durmir e neceser de aseo
  • Saco de durmir e mochila pequena para excursións
  • Cantimplora e lanterna

Outros

  • O uso do móbil delimitarase aos momentos fóra das actividades comúns. Para as emerxencias haberá que contactar co monitor ou monitora acompañante.
  • Recoméndase non levar obxectos de valor ou demasiados cartos para evitar perdas ou subtraccións.