Campamento Xuvenil Emperador Carlos V (Jerte - Cáceres - Estremadura). Deporte e ocio en Jerte

Xuvenil Emperador Carlos VDatos xerais

O Val do Jerte é unha comarca natural situada no noroeste da provincia de Cáceres, entre a Serra de Gredos e Plasencia. É unha zona cun grande atractivo paisaxístico composto por gargantas e extensos bosques de carballos, castiñeiros e cerdeiras. O cultivo das cereixas é, ademais da base da economía local, un símbolo da comarca.

Nesa zona atópase a reserva natural da Garganta dos Infernos, incluída na rede de espazos protexidos de Estremadura

O aloxamento é en cabanas equipadas con liteiras. A instalación ten zona de acampada, cuartos de baño, enfermería, cociña, comedor, sala de televisión, piscina, pistas deportivas, sala de usos múltiples e recursos para actividades de multiaventura.

Enderezo

Albergue xuvenil Emperador Carlos V
Estrada nacional 110, km 367
10612 Jerte (Cáceres)

https://reaj.com/albergues/juvenil-emperador-carlos-v/

Actividades

Actividades deportivas, de aire libre, barranquismo, travesía en kaiak, sendeirismo, rutas, excursións, visitas de interese cultural e turístico, obradoiros de educación ambiental, xogos e veladas.

Equipamento persoal

 

Documentación necesaria

  • DNI ou pasaporte
  • Cartilla sanitaria da Seguridade Social ou outro tipo de seguro médico

Medicamentos

  • No caso de ter algún tratamento médico especial, as persoas participantes terán que levar os medicamentos específicos e comunicarlle á organización os datos de importancia.

Material recomendado

  • Calzado adecuado (zapatillas de deporte e botas para sendeirismo/rutas)
  • Roupa cómoda e de abrigo (pantalóns curtos, camisetas, chándal, algún xersei ou suadoiro...)
  • Traxe de baño, toallas de piscina, crema solar, gafas de sol, chancletas e gorra
  • Útiles de aseo persoal
  • Saco de durmir, esteira e mochila pequena para excursións
  • Cantimplora e lanterna