Albergue xuvenil Navarredonda de Gredos (Ávila - Castela e León).Multiaventura e aire libre

Gredos

Estrada C-500, Km 41,5, 05635 Navarredonda de Gredos (Ávila)

O albergue é unha edificación rural no Parque Natural de Gredos, entre ríos e montañas. Está á beira do río Tormes, onde se pode gozar da natureza e facer rutas de sendeirismo. Ademais, a proximidade ás capitais de provincias permite facer excursións de grande interese cultural.
O albergue conta cun gran espazo exterior para a realización de actividades; ten habitacións múltiples, piscina de verán, pista polideportiva e biblioteca.

MULTIAVENTURA E AIRE LIBRE
ACTIVIDADES

Multiaventura: parque de cordas, bivaque, rutas BTT (bicicleta de montaña), trekking á Laguna Grande; outras actividades: excursión a Salamanca, veladas, obradoiros e xogos de animación. A instalación conta con piscina.

 

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. Navarredonda de Gredos (Ávila)

Multiaventura e aire libre

09-10

01-10/08

247,50 €

500005

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.