Albergue xuvenil Ezcaray (A Rioxa). Multiaventura

xuvenil Ezcaray

Albergue xuvenil El Molino Viejo, Camino del Molino Viejo, s/n, 26280 Ezcaray (A Rioxa)

O albergue está situado na zona sur de Ezcaray, xunto ao río Oja, que da nome a esta comunidade autónoma, e situado na sierra de La Demanda, ao pé do pico San Lorenzo, onde se atopa a estación de esquí e montaña de Valdezcaray.
O vello contorno natural permite facer múltiples rutas, visitar antigas aldeas, vías verdes e sendeiros. É unha paisaxe que invita á relaxación e ao disfrute rodeado da natureza, así como á práctica de deportes de montaña.
O albergue está situado a 1 km. de Ezcaray. A instalación conta con espazos comúns: salón-comedor, sala de estar con TV. Ten zonas verdes para a práctica deportivo-recreativa, campo de fútbol, pista polideportiva e ping-pong.

      
MULTIAVENTURA
ACTIVIDADES

Multiaventura: visita a parques multiaventura con tirolinas, tibetanos, escalada e outras probas;   ambientais: rutas de sendeirismo con interpretación da natureza; náuticas: navegar en pedaleta e piragua no Club Náutico de El Rasillo; outras actividades:  xincanas, xogos temáticos, veladas e visitas culturais a lugares emblemáticos da Rioxa.

 

NOTA: Para ser admitido neste campamento é necesario saber nadar.

INSTALACIÓN XUVENIL

MODALIDADE

ANO NACEMENTO

DATAS

COTA

CÓDIGO

Alb. Xuv. Ezcaray

Multiaventura

08-09

30/06-09/07

247,50 €

500006

Multiaventura

06-07-08

03-12/08

247,50 €

500007

 


Despois do sorteo publicarase neste apartado a CARTA INFORMATIVA do campamento coas indicacións  sobre o punto de saída e recollida, o equipamento persoal necesario, as normas xerais, o horario tipo e outras recomendacións.