XII edición do Premio Novos máshumano

12 Abr 2017

A Fundación máshumano, en colaboración co Instituto da Mocidade, Injuve, lanza a XII edición do Premio Novos máshumano, a través da cal convoca aos mozos para participar nunha transformación social e empresarial.

A convocatoria está aberta para mocidade de idades comprendidas entre 14 e 30 anos que poderán participar con ideas ou con proxectos empresariais xa postos en marcha, e con todo tipo de iniciativas que acheguen solucións ou ferramentas para dar solución aos retos expostos a través de tres categorías de participación:
 
Solucións para a innovación ao servizo do retail: Produtos sustentables, produtos e servizos que cubran necesidades sociais, ideas de negocio responsables no retail, etc.

Solucións para a integración de persoas con capacidades diferentes: Ferramentas para a mellora da calidade de vida e integración laboral de persoas con discapacidade, deseño de espazos accesibles, accesibilidade dixital, etc.

Solucións de empresas socialmente responsables, ONG´s e emprendemento social: plataformas e ferramentas de voluntariado corporativo, Responsabilidade Social Corporativa, iniciativas de emprendemento social, etc. Admitiranse todo tipo de iniciativas que acheguen melloras nas organizacións e a sociedade: produtos sustentables que cubran necesidades sociais ou ambientais, iniciativas de emprendemento social, ferramentas para a mellora da calidade de vida de persoas con capacidades diferentes, novos modelos de traballo baseados na flexibilidade, deseño de espazos e oficinas flexibles, etc.

As ideas, proxectos ou iniciativas poden presentarse ata o 31 de maio de 2017

Premio:
Formación e mentorización por parte de expertos e profesionais de entidades colaboradoras do programa.
Participación nunha xornada con empresas e emprendedores expertos e talleres específicos de formación para aqueles equipos cuxos proxectos se atopen en avanzado estado de desenvolvemento.
Servizo de incubación online mediante mentorización personalizada para os finalistas cuxos proxectos se atopen en fase de 'idea' ou sexan susceptibles de recibir a devandita axuda.
Encontros con empresas.
2.000 € en metálico para os gañadores de cada unha das categorías de participación establecidas.
Acceso a outras iniciativas de emprendemento.
Participación en evento final.

Máis información:
Fundación máshumano R/ Menéndez Pidal 6. Madrid
Tel: 91 351 02 71
www.mashumano.org
www.premiomashumano.com