XXI Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares

12 Abr 2017

O Concello da Estrada e a Asociación de Consumidores e Amas de Casa Avelina Valladares convocan a XXI Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares

Poderán concorrer ao premio todas as persoas autoras, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega e acordes coa normativa oficial vixente. Os textos presentados deberán ser inéditos.

Os orixinais presentaranse por quintuplicado acompañados dun CD, onde se incluirá a obra en formato PDF. O tema e a forma serán libres, mais os textos deberán contar cun mínimo de 300 versos e cun máximo de 800. Deberanse remitirao seguinte enderezo:
XXI Premio de Poesía Avelina Valladares
Concello da Estrada
Praza da Constitución 1
36680 A Estrada
Pontevedra

O prazo para presentar as obras estará aberto ata o 12 de maio de 2017

Con cada orixinal, que se deberá entregar baixo lema, xuntarase nun sobre pechado o nome completo, a copia do DNI, o enderezo e o teléfono do autor ou autora.

O premio será de 2 000 €

http://www.aestrada.com/index.php/gl/inicio/43-news/novas/3660-premio-de-poesia-avelina-valladares