Axudas a persoas con discapacidade

11 Abr 2017

A Consellería de Política Social convoca axudas individuais destinadas á adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal, para persoas con discapacidade.

Persoas beneficiarias
- Persoas que teñan recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 33 por cento
- A persoa solicitante debe ter recoñecida a prestación de asistencia persoal a través do Sistema para a autonomía e atención á dependencia
- Que sexa determinada a situación de necesidade de acordo coa situación de saúde e social da persoa solicitante.

Ademais, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Que a necesidade da axuda solicitada derive da tipoloxía de discapacidade recoñecida.
c) Que as consecuencias derivadas da tipoloxía de discapacidade recoñecida, que sirvan de base para valorar a necesidade da subvención concedida, manteñan a súa vixencia no período de referencia concretado no proxecto de intervención obxecto de subvención
d) Que a capacidade económica da persoa solicitante non supere o 200 % do indicador público da renda de efectos múltiples mensual (IPREM) establecido para o ano 2017.
e) Non percibir durante o ano 2017 outras axudas para o mesmo fin salvo que a axuda individual solicitada sexa complementaria da anteriormente concedida e neste caso ata o límite do 100 % do gasto subvencionado, para os efectos de prever a situación de dependencia ou de promover a autonomía persoal da persoa solicitante

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2017.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento BS613B.
Máis información no DOG do 11 de abril de 2017 e en http://politicasocial.xunta.gal