Axudas complementarias de Erasmus+ para ensinanzas artísticas superiores

11 Abr 2017

A Consellería de Educación convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea e o Ministerio de Educación, no marco do programa comunitario Erasmus+, destinadas aos/ás estudantes de ensinanzas artísticas superiores en centros públicos de Galicia que participan no citado programa de mobilidade na educación superior durante o curso 2016/17.

Requisitos:
- Estar matriculado no curso 2016/17 en calquera dos centros públicos que impartan ensinanzas artísticas superiores nesta comunidade autónoma.
- Ter obtido unha bolsa Erasmus+ de mobilidade no curso 2016/17.
- Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores..
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 11 de maio de 2017.
As solicitudes están dispoñibles en https://sede.xunta.es co procedemento ED322A.
Máis información no DOG do 11 de abril de 2017 e en www.edu.xunta.es