Almorzos Cooperativos

10 Abr 2017

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop pon en marcha os Almorzos Cooperativos, encontros de networking coa economía social a partir do mes de abril.

Este programa que busca xerar procesos de colaboración e intercooperación. Un ciclo de cinco sesións (unha cita mensual), en sesións de dúas horas, para abordar temáticas de interese común a través da cooperación.

O programa ten un carácter gratuíto, e está destinado a cooperativas e entidades de economía social (sociedades laborais, asociacións, fundacións, empresas de inserción, centros especiais de emprego, comunidades de montes, ONGs, etc.)

Sesións:
A Coruña, xoves 27 de abril de 9.30 a 11.30 h. No Centro da Rede Eusumo, Concello de A Coruña, Accede Papagaio. Rúa Hospital 19.
Santiago, xoves 27 de abril de 9.30 a 11.30 h. No Centro da Rede Eusumo, Asociación de Cooperativas Agrarias (Agaca). Rúa Tomiño 22 entrechán.
Vigo, vernes 28 abril de 9.30 a 11.30 h. No Centro da Rede Eusumo, Deputación de Pontevedra, sede de Vigo. Rúa Oporto 3. As prazas son limitadas.

http://espazo.coop/wp-content/uploads/2017/04/FICHA_NETWORKING_ABRIL.pdf?_mrMailingList=233&_mrSubscriber=1865